viernes 23 de octubre de 2009

DESCONFIANZA SOBRE "MAFIAS"


Gracias, Luis Aragones, por librarnos a nivel nacional de ese inepto, aspirante a capo de vestuario, llamado Raúl Gonzalez. Hay jugadores que si tuvieran un poco de dignidad se retiraban y no se arrastraban por los campos de la competición, teniendo sólo en mente destruir a los que le pueden hacer competencia. El Madrid fue grande con Di Stéfano. El Madrid empezó a destrurise cuando este ínclito indivíduo empezó a creerse un posible di stéfano, sí con minúsculas, porque si este tipo jugara con Di Stéfano sería el recadero de los cafés, más o menos como el "pepiño blanco". Cada pueblo tiene deportivamente lo que se merece, y la prepotencia es destructiva cuando no tiene base suficiente para poder asentarse. Raúl, Casillas, Sergio Ramos, Guti, son productos de un periódico con el que se envuelve la basura para tirarla al contenedor, principal culpable de la expulsión de gente válida por no pagar el canón de la indignidad. Si el señor entrenador del ¿Real Madrid? manda en el equipo y sólo consiguió que cada jugador ocupe una de las esquinas del campo, sin repartir proporcionalmente el rectángulo de juego de acuerdo a unos principios tácticos, tanto defensivos como ofensivos, es que tenemos que creer a la fuerza que no tiene la más repajolera idea de lo que es un equipo de fútbol. Si quien manda en el ¿Real Madrid? son los que nosotros creemos que mandan, entonces tiene que abandonar inmediatamente dicha entidad porque nos demuestra que lo único que pretende es vivir del dinero de su contrato. ¿Por qué a la basura de cierto periodismo le interesa tanto mantener a sus protegidos que apisonan despiadadamente a los que quieren hacer del deporte de competición algo digno y atrayente? Un día cualquiera vemos a los emborronadores de cuartillas, que fueron los culpables de la expulsión de todos esos jugadores que ustedes saben, ¿porque podían eclipsar al niño que habían echado del Atlético de Madrid o porque era negros la mayoría?, intentar hacernos creer que Di Stéfano aún puede jugar con garantías de éxito. ¡Cuánto hay que hacer para vivir bien!

sábado 3 de octubre de 2009

CURSOS PARA ENTRENADORES DE FUTBOL

La Escuela Gallega de Entrenadores de Fútbol convoca los CURSOS CORRESPONDIENTES a los siguientes NIVELES:

NIVEL I y NIVEL II (Grado medio)

NIVEL III (Grado Superior)

INFORMACIÓN: Ponga en la barra de direcciones http://www.futgal.es/ entre y pinche en ESCUELA DE ENTRENADORES o llamando a CANEDA (616 301 359)

lunes 21 de septiembre de 2009

O ESCARABELLO AMARELO. SERGIO G. DACOSTA. OURENSE 2009


INTRODUCCIÓN

Gabriel Vital Cardoso(Gabi) é un amigo que teño na Vagueira. Vímonos por primeira vez diante dun ordenador na "pizzaría" Uno, onde traballa a súa nai, e aínda agora non sei como é que nos puxemos a falar. Apenas conta con once anos de idade, eu xa cumprín algunhas ducias mais. Declareime "portista", pero él adora a Dani e torce de maneira afervoada polo Sporting de Lisboa. Cristiano Ronaldo é para él inocentemente indiferente. Falamos algunha cousa mentres a miña dona e máis eu agardábamos por un "Naco na pedra" ou por unha "Picaña con arroz e feijôes", que non hai ninguén en toda a Beira Litoral que poña este prato tan no seu punto. Espero que Gabi Vital comprimente no meu nome a todo o servizo da "Pizzaría" Uno. Pois ó Gabriel, ó meu xovencísimo amigo, vai dedicado este pequeno traballo do "Escarabello Amarelo".
FUXINDO DO PERIGO
I

De repente enchéuseme a cabeza con aquel escarabello amarelo que quería voar e non podía porque nin xiquera era roxo con pintas negras, ¡tiña que ser amarelo!, a cor do ouro, a enchenta do capitalismo americano que inventou o escarabello para facelo morrer tan pronto como a insecticida fose posta no mercado.
O escarabello amarelo non podía faltar á súa cita coa praia do Areâo. Alí, cerca da Vagueira, sentíase seguro e paseaba lonxe do baño mortal das sulfatadoras. Facía das mañanciñas o pracer do aprender. Aprendeu a ver o mar con reflexos de raios prateados, coa lúa mirándose fachendosa no espello cristalino da auga do Océano Atlántico. Aprendeu a escoitar o canto das ondas ó romper a suave monotonía contra a area da praia incrinada.
O escarabello amarelo acordaba cedo, se é que dormía pola noite, porque gustáballe ver a terra virxe, sen parásitos por enriba, sen armas envenenadas que matan a esencia natural de todo aquilo que é. Naturalidade, pureza, natureza, virxinidade, frescor, vida, saúde, alento cheo que leva sempre ó benestar.
O escarabello amarelo ollaba a praia gris na mañanciña e sempre tiña que lembrarse do baño que o podía envenenar, e vía fantasmas ás súas costas, e corría alonxándose sen saber a onde ía chegar.
Para o escarabello amarelo a mañanciña era prata, e por non sei que razón gustáballe máis que o ouro do mediodía ou queo do devalar da tarde, pero sempre benzoaba o bronce escuro que confundía coa porta inmensurable da noite. A esta hora el estaba ledo porque os paisanos non traballaban no campo e, entón, relaxábase un bocadiño. Se tiña que falar consigo mesmo chamábase, insultante, "cenizo".
"Es un cenizo", recalcaba alá dentro do seu ser. Pensaba que alí onde poñía o ollo poñía o fracaso e máis a desilusión.
Ollando como pescaban os mariñeiros na praia, con esas desmesuradas redes vencelladas ás longas cordas, cousa que xamais vira, e tiradas cara o exterior, fóra da auga do mar, por dous tractores estáticos, coñeceu o desconcerto e a frustración nos seus rostros curtidos polo frío e polo sol. A rede saíu do mar rota, aberta, valeira, sen pesca. O traballo conxunto que acababan de facer, o cíclico e automatizado preparativo de levar a rede dende terra ao interior do mar, entronizouse nunha tarefa sen froito de ningunha clase.
O escarabello amarelo comprendeu que é baldío o esforzo do que agarda algo e só recibe a trompada do inxusto desmerecemento. O mesmo escarabello ficou embargado por un sentimento de culpabilidade, sentíuse impotente para procurar algunha solución axeitada. Botouse a correr, paralelo á praia, sen decatarse de quen fuxía. Era consciente de que alí non había sulfato, nin sulfatadoras, só pobres homes que nin xiquera se fixaban na súa presencia, pero coidaba que sempre tiña fantasmas nas súas costas que o perseguían.
Rachouse o ceo e caíu a atmosfera sobre o chan, convertida en auga, aplastando a pobreza de espíritu, a falta de ilusión, a indolencia do escarabello amarelo, que deixaba que chovese por enriba del, como se a sede só fose posible curala con auga.
A chuvia pintaba de gris a tristeza que se respiraba con angustia. Parecían prata as horas interminables dos días case eternos, acostumadas xa a vivir co pesadelo da morte por enriba do escarabello amarelo, dos peixes do "intramar" ou do home metamorfoseado de calquera cousa.
Todos nos contentamos con fuxir da morte, cando, a maioría das veces, é mais indigno vivir que deixar de latexar.
O escarabello amarelo, mais rico pola súa orixe có escarabello roxo, resistíase a ser "coelliño de indias", voceiro involuntario das excelencias da insecticida imperialista, dirixía os seus ollos por enriba das copas das árbores, por onde fuxía o bafo do seu escaso e lixeiro alento, e coidaba que alí estaba planexando o perigo da desesperación.
Hai verdadeiro terror ante a posibilidade de que desapareza o ciclo anual: "o movimento das follas, o voltar dos gromos, as xemas, que dan vida coa flor e co froito, a verdecente altivez, o declinar xorobado da perda da cor, do vello, para desligarse do outono dos ventos".
Sobre o xardín, sobre o céspede, sobre a relva da vida, facían exercicios con sofocantes vaivéns as follas case podres ata convertirse no adubo da vida para facilitar máis vida.
Por iso cheiraba á humidade e á terra, ó frescor do líquido claro, liso e relucente como se fose cristal. Reflexo de imaxes en ríos de vida.
O escarabello amarelo mirábase de cotío alí onde se mira o sol, e dende a sua vaidade non concibía, como tampouco o concibía o rei do calor e da luz, que houbese quen quixese suicidarse mergullándose no xogo do interés desmesurado.Todo é negociable, ningén cai na conta da explotación e do soborno social.
Alá, onde o horizonte bicaba o mar, onde a beleza da posta do sol semellaba un cadro pintado polo artista mais divino, a paz no matrimonio entre a terra e o mar parecía ter fillos de éxtase que curaban os males do tempo, da vida e, incluso, o presentimento da morte.
Tería graza que nese belo paraíso, que é a Costa Nova, acabara a vida do escarabello amarelo.
II
Levaba perdido oito días en Portugal, ao escarabello amarelo gustáballe perderse en calquera sitio de Portugal. Gustáballe perderse entre o val do Cambra e o val do Vouga. Gustáballe perderse na Bairrada. Gustáballe perderse en toda a Beira Mar. Gustáballe perderse en Aveiro, entre Ílhavo e Vagos. Gustáballe perderse perto, mui perto do farol da Barra, e tamén entre as casas de xoguete da Costa Nova, entre os "palheiros" raiados de cores vistosas. Gustáballe perderse nas dunas da Vagueira e da praia do Areâo. Gustáballe perderse entre Gafanha e Gafanha. Gustáballe perderse onde o home aínda non tivo a ousadía de violar a beleza virxinal e natural dese paraíso sen igual, que é o litoral portugués. Pero o que máis lle gustaba era ficar nu, espido, frente ao mar, lonxe da polucionada miseria dos seres humanos.
O escarabello amarelo deuse cun canto nos dentes por ter fuxido do sacrificio para o que foi creado. E acougando frente a un mar embravecido, sen barreiras, en liberdade, sentíase feliz achegándose e alonxándose da costa sen atrancos e sen imposicions. Nunca puido imaxinarse o mar vestido con traxe, de fato novo, encorsetado ou calzado con zapatos apretados, oprimido pola súa falta de expresión. Nunca podería imaxinarse o libre albedrío dos pensamentos da súa mente encarcerados. Pero trouleaba satisfeito polo ben que se sentía cando, frente ao mar, en corpo e alma, revisaba condutas, logros, e tamén as omisions, ou todo aquelo que, apesar dos esforzos, non se pode conseguir. Porque a el tamém lle gustaría vivir nun xardín onde o pracer tivese aroma de flor, ver a luz da mañá brillar sobre o mirto, o camelio e o rosal. Pero ao racharse a madrugada en mil anacos amañece nel a realidade dun soño desperto imposible.
III
O seu percorrido diario era sempre o mesmo. Non sei por onde chegaba, pero o escarabello amarelo saía sempre na praza do Marqués de Pombal, comenzando alí a súa viaxe urbana. Remataba apenas na praza dos Restauradores. As dúas prazas estaban vencelladas pola avenida da Liberdade, ampla, ancha com comodidade, chea de árbores de copas espesas, antídoto contra os raios do sol no seu momento adecuado, facendo posible a ubicación de terrazas e explanadas onde, a maioría das veces, acougaba polo cansanzo e pola lonxitude do seu percorrido. Alí sentado, mui perto onde a Calzada da Gloria empinábase cara o Barrio Alto, sendo cauce do tranvía mais famoso do mundo, escoitaba a música de dous mozalbetes que loitaban por intentar amenizar as tomas dos finos de cervexa das nove do serán, ó por do sol.
O día en Lisboa ía morrendo pouco a pouco. O devalar da tarde acababa de asasinalo, de quitarlle o derradeiro alento de vida. Os vellos, os antergos candieiros, sangue brilante e relucente dos farois seculares, nados da terra das rúas ribatexanas, acendían a noite de novo á vida, misteriosa, embruxada pola desgarradora voz do "fadista" que tange a melancolía nas campás das súas cordas vocais. Lisboa é romántica porque si. Xa naceu así.
O escarabello amarelo empezou a soñar desperto non sei que cousas. En Lisboa é mui fácil soñar a través dos recordos. Os seus soños empezaron a viaxar polas prazas da Figueira, Pedro IV, o famoso Rosío, suxeito receptor de millares de olladas cativadas pola beleza na suma expresión, a rúa do Carmo, o Chiado, esa maravilla que loita entra vida e a morte pola súa recuperación arquitectónica despois de verse abrasada polas chamas devastadoras.
A praza do Comercio, o Terreiro do Pazo, abría a súa alma mirando ao Texo. A noite poñía pinceladas de cor escuro na alma e nos sentimentos de cada recuncho escondido, onde a présa do escarabello ía deixando por trás, ás costas, vieiros de nervioso descontrol, de inseguridade, como si algo tirara del de cara á non se sabe onde. As sombras xogaban e detíñanse en cada curruncho sen luz.
IV
Alguén fixo correr o rumor de que a curiosidade xogáralle unha mal pasada ao escarabello amarelo. Ás veces é mui perigoso achegarse aos aeroportos, pero o escarabello amarelo deixouse cativar polo ruído coñecido dos avions e sen siquera pensalo muito perdeu o cu para non perder precisamente o aparello voador. Pensou que aquela rara sensación que o encheu de súpeto era consecuencia do movimento cara non sabía que lugar.
¡Pobriño, o mais seguro é que a volta á América fose o seu sino!
O escarabello amarelo pode que fose un desertor da guerra das sulfatadoras, pero tivo a grande sorte de non estar censado en ningunha lista oficial e ninguén chegou á botalo de mais. Ninguén soubo da súa chegada ó seu país de orixe. Tanto lle tiña que non o recibisen coma un heroi, o que verdadeiramente lle importaba é que non o recibisen dentro dunha caixa de mortos, dun cadaleito enfaixado cunha bandeira lavada, despois de non poder atallar a descarga da insecticida asasina, disparada pola sulfatadora dalgún individuo que paga coma un reloxo por todo aquilo que se pon ao seu servizo. E menos mal que os escarabellos choven do ceo completamente de graza.
Chegou o momento en que foi tanto o que soñei con outras cousas de Lisboa que dín por esquecido ao escarabello amarelo e perdínlle a pista para sempre.
CONCLUSIÓN
Isto apenas é unha visión do mundo producida dalgún xeito polas neuronas descolocadas nunha hora onde se facía mui difícil matinar outra cousa cando a impotencia dos seres pequenos non teñen maneira de atopar solución á inxustiza e máis á falta de liberdade, do que non goza a xente en xeral.
O escarabello amarelo conservou a vida porque tuvo a grande sorte de cair do ceo sobre Portugal e, na Beira Mar, atopou o arranxo a súa problemática, que de tódalas maneiras el nunca creou, nin tampouco buscou.
Mais dunha vez botou de menos o ter capacidade pra confundirse co aire, para convertir o seu corpo en incoloro invisible, pegarse á vida sen que a vida o vise, respirar o mundo sen que ninguén soubese que o estaba facendo. Pero polo que mais suspirou foi por poder ser aire para remexer as ondas no mar sereno dos pensamentos da xente desleixada, e dobregar a dureza da rara suavidade das utopías.
Definitivamente convenceuse de que cando as bágoas da alma brotan do sufrimento sempre chegarán a desbordarse os ríos da loucura e da razón.
SERGIO GARCÍA DACOSTA
OURENSE 2009

CURSOS ENTRENADORES DE FUTBOL DE LA ESCUELA GALLEGA DE ENTRENADORES

La Escuela Gallega de Entrenadores de Fútbol convoca los cursos de Entrenadores correspondientes a los siguientes Niveles:

NIVEL I y NIVEL II (Grado Medio)

NIVEL III (Grado Superior)

INFORMACION: Ponga en barra de direcciones WWW.FUTGAL.ES y pinche Escuela de Entrenadores o llamar a Caneda (616301359)

lunes 29 de junio de 2009

La soberbia por encima de Dios


Después de casi setenta años, de los cuales cincuenta y seis fueron dedicados al deporte del fútbol (como futbolista, entrenador y profesor de la escuela de entrenadores), estoy llegando a la conclusión de que hay tipejos que son más tontos que dios.

Miren ustedes si no, cuando Watson descubrió la doble hélice, o molécula de la vida, donde probaba la herencia genética, acabó convertiéndose en el ser más antipático porque al personal - ignorante y defensor de no sé que derechos - les molestó sobre manera unas manifestaciones del "compa" del Dr. Krick (osease el susodicho Dr. Watson) donde la inteligencia de la raza negra no salía muy bien parada.

Y pienso yo, pues anda que la de alguno de los hombres blancos, baloncestistas, y por encima de los dos metros y un pico no le van mucho a la zaga, es decir más tontos que dios.

A los muertos de hambre cuando les suena una calderilla en el bolsillo se arrancan, no por soleares, ni por bulerías, sino que tiran de antiguos resquemores, de complejos de inferioridad y se dejan llevar por los consejos de plebes más idiotas que ellos y se quedan tan panchos como si fueran los hijos de la verdad, de la epistemología y del orden testimonial.

Los "momios siempre tienen que dar la nota. Pues que te jodan, amigo, hace tiempo que las imbecilidades de los hombres del deporte ya no me hacen llorar, sobre todo cuando están cubiertos de "mierda" política y subnormalidad.

viernes 26 de junio de 2009

De la dinámica alegría a la sublimación del apocamiento del resentido.


Pensamos que hay individuos que se encumbran sin hacer nada destacable o que merezca la pena.
¿Cómo se las arreglan para parecer lo que no son en la realidad?
Es algo complicado porque los trepas van dejando manchones como si fueran de goma de borrar para esconder sus defectos, mejor dicho, sus carencias, pero denostando a los válidos , intentando pasarlos a la sombra del anonimato. Estamos firmemente convencidos de que se inició el derrumbamiento de la estupenda obra que el sentido común había sacado de la chistera de un perfecto bien hacer. Hay gente a la que hay que oponerse para que no hagan más daño, y si es preciso prescindir de su trabajo, sobre todo cuando pretenden ir más allá de lo que sus atribuciones requieren.
Algún día volverán a ser echados del lugar que ellos eligieron para empujar traicioneramente y por la espalda al insobornable sabio. Y lo hicieron con la ayuda del asqueroso periodismo, que consideró como molesto al único que tenía más conocimiento del asunto que toda la profesión en conjunto, cuyo bagaje de conocimientos está muy por debajo de su poder mediático. La basura no sólo está en la prensa del corazón, sino que se ha enquistado también en el periodismo de información, heridos por lo poco que ganan y envidiosos de lo mucho que ganan otros por su anténtico y real valor.

sábado 16 de mayo de 2009

¡NUNCA JAMÁS!


Empieza una nueva época de mandato en el fútbol "polinacional" de una parte de la península ibérica. Es ello como consecuencia del sentido común y de la estúpida actitud de otros que se han automatizado en considerar el balón como algo peligroso. Este equipo del nordeste de una parte de la península ibérica siempre estará por encima del equipo del centro por ser un equipo no manejado por cadenas de telivisión, por la basura auténtica de un periódico deportivo y por ser el sentir político de un pueblo unido en muchos valores que los demás despreciamos porque no los sentimos igual. ¡O no somos capaces de sentir! Los niñatos, que además de incultos cobran la ostia de dinero, quieren erigirse en otros dueños también de la voluntad y del quehacer de los demás. El equipo ese del centro jamás podrá competir con nadie mientras la basura de ese periódico, enmarcado en un feroz sensacionalismo interesado, pretenda, y lo consiga, formar la plantilla y su forma de jugar. El equipo ese del centro jamás podrá competir con nadie medianamente válido mientras cuatro niñatos de mierda se erijan en los dueños absolutos de un vestuario con más intereses mercantiles que deportivos. Yo creo que en primer lugar siempre debe estar el señor entrenador, después los mamarrachos y sus agentes. Esperemos para bien del fútbol que el señor Guardiola mantenga siempre en segunda fila y sin influencias a toda la basura que pulula alrededor del fútbol, en forma de factores externos que desestabilizan a Dios bendito y a su santa Madre. Adelante, SEÑORES, más bien creemos que las malas mañas son muy difíciles de arrancar.